viernes, 17 de abril de 2020

MARCOS CARPINTEIRO

Estes días de confinamento na casa son un impedimento para que os meniños realicen moitas actividades da súa vida diaria, pero tamén unha oportunidade para facer outras que o estrés diario nos impide. Aprender carpintería coma Marcos, xardinería, costura, cociña ou bricolaxe no seo da familia, pode enriquecer moito aos nenos e axudarlle a entender o mundo no que vivimos. Animádevos a compartir cos nenos os vosos hobbys ou quefaceres cotiáns, xa veredes que ben o pasan e canto aprenden. E xa sabedes se nos mandades as fotos ou suxestión publicarémolas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario