A
principios de curso, a noticia
aparecida no xornal Faro de Vigo sobre a elección da ave do ano 2020, serviunos de detonante para coñecer as características
destes animais. Vimos os oviños da ave gañadora, o paspallás,
e poemas
nos que aparece como protagonista.
Hoxe vos propoñemos retomar o tema
coa lectura dun artigo de La Vanguardia. Con esta actividade pretendemos varios obxectivos. Primeiro que
os meniños retomen a lectura da prensa dixital con novas que poidan espertar o
seu interese, sempre co acompañamento dun adulto e tras unha selección previa
por parte deste. Neste enlace http://kiosko.net/es/geo/Galicia.html
temos acceso a toda a prensa nacional e internacional. Segundo, unirnos ao
proxecto AvesDesdeCasa.
A idea é sinxela, consiste en observar aves dende a fiestra, balcón, patio ou
eira. Pódense facer observacións a simple vista, con binoculares se temos, ou
usando unha cámara. A proposta é que nos enviedes as vosas observacións e
identificacións como queirades, a través de fotografías ou debuxos, con frases
ou textos sinxelos. Para facilitar a observación, deixámosvos este enlace e varias imaxes
coas especies máis comúns. En
entradas posteriores iremos propoñéndovos máis retos e xogos ao respecto, mentres
podedes visitar a entrada http://blogdenatureza.blogspot.com/2020/04/paxaros-dende-as-ventas-balcons-e.html
e facer comedeiros para paxaros con material de refugallo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario