Esta
semana, o Diario de Pontevedra serviunos para coñecer unha preciosa iniciativa que están
a levar a cabo a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e a Fundación Rosalía de Castro. Queren poñerlle o nome da escritora galega á estrela HD
14913. A
Unión Astronómica Internacional, para
celebrar o seu centenario, organizou a campaña global NameExoWorld que permite a
calquera país do mundo dar un nome popular a unha estrela e ao seu exoplaneta asociado. A estrela designada a cada nación é visible desde ese país, e
o suficientemente brillante como para ser observada a través de pequenos
telescopios.
A nosa escola únese a tan fermosa proposta e anima a todas as familias a
participar votando ata o 12 de novembro na páxina http://nombraexoplanetas.es/. Os resultados finais serán dados a
coñecer nun anuncio oficial da Unión Astronómica Internacional a partir de
mediados de decembro, conxuntamente cos outros nomes das estrelas e planetas asignadas a cada país.
No hay comentarios:
Publicar un comentario