Onte tivemos
unha xornada especial chea de actividades. Con motivo da Semana da Prensa, comezamos
coñecendo como se fai, redacta e ilustra unha noticia da man dunha periodista e
unha fotógrafa de “La Voz de Galicia”. Se picades na imaxe inferior podedes acceder á noticia
na prensa dixital.
Despois,
a través do Plan ProxectaVoluntariado miúdo: Móvete
no que participa o noso centro, Anxo Moure veu cargado de contos solidarios e fíxonos
escachar coa risa na Biblioteca Municipal. Recuperamos fozas cos bocatas e
xogamos no parque da Casa da Cultura. E para rematar cantamos e bailamos con Pakolas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario