Onte os
nenos da aula de Ribadumia A invitáronnos a compartir con eles un obradoiro de
pintura moi especial. Grazas a mamá de Beltrán, o profesor Gerardo González
ensinounos como, mesturando iogur grego azucrado cunhas pingas de colorante alimenticio,
obtiñamos unha saborosa pintura coa que crear obras de arte sobre obleas.
Primeiro
cautivounos a todos contándonos o precioso conto de Elmer dun xeito
tan especial que todos acabamos participando como protagonistas. Despois
pasamos ás mesas de traballo para plasmar a experiencia empregando como lenzo obleas
colocadas en fermosos pratos. Paseniño os meniños foron probando e mesturando
colores para rematar comendo as súas propias obras de arte. Moitas grazas a
todos os que colaboraron para levar a cabo esta experiencia e en especial a
Gerardo e á mamá de Beltrán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario