martes, 1 de mayo de 2018

PREPARANDO O I CONGRESO ALIMENTATE BEN


Co obxectivo de recoñecer o traballo dos centros participantes no programa Aliméntate ben, fai uns meses, a Consellería organizou unha convocatoria para seleccionar dez centros de infantil e primaria que participarían no I Congreso escolar Aliméntate ben. O noso centro presentou un proxecto e, entre todas as candidaturas, fomos un dos dez escollidos de toda Galicia. Dende a nosa escola estamos moi contentos e queremos compartir con toda a comunidade educativa esta boa nova.
Durante o último mes, as maiores da clase xuntos cos nenos doutras aulas da escola, traballaron duramente para montar un stand e obradoiros onde mostrar o mércores 3 de maio no Palacio de Congresos de Santiago, o traballo desenvolvido no noso centro ao redor dos hábitos nutritivos saudables. Ademais, durante o congreso, un xurado valorará a calidade das propostas presentadas polo alumnado e seleccionará a mellor. Mañá, co alumnado seleccionado do centro, realizaremos un ensaio xeral e o mércores con moita ilusión marcharemos a Santiago.

2 comentarios:

  1. Pois si que se ve que traballan duramente e o fan con moitas ganas. Propoño que se expoña a tod@s @s interesad@s, quedar entre 10 de todolos coles de Galicia ten moitisimo mérito, debemos coñecer tod@s ese gran traballo!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas polo teu comentario.Tomamos nota da túa idea e intentaremos facelo

      Eliminar