Cando
se achega o Nadal, O Apalpador baixa das montañas do Courel cunha morea de agasallos de madeira
para repartir entre os meniños galegos. Dende vai varios anos, sempre ven ao festival
de Nadal a recoller as cartas coas nosas peticións para as aulas. A semana
pasada xa estivemos consultando diversos catálogos e todos escribiron as
misivas. Durante as vacacións intentará traernos á escola algo do que pedimos
para compartir. Para os que desexen saber máis sobre este persoeiro, neste enlace tedes cancións e algunhas
actividades.
miércoles, 19 de diciembre de 2018
domingo, 16 de diciembre de 2018
A NOSA PANXOLIÑA
O vindeiro
venres 21 celebraremos o noso tradicional festival de Nadal no Auditorio de
Ribadumia. Xa vai tempo que comezamos cos preparativos e o “Villancico de las
vocales” e título da panxoliña que imos cantar e dramatizar nós. Estes días
andamos a ensaiar na escola e, para os que desexen facelo tamén en familia, a
continuación vos deixamos o vídeo coa versión karaoke.
viernes, 14 de diciembre de 2018
jueves, 13 de diciembre de 2018
PINCELADAS MUSICAIS
Onte,
os músicos da Banda de Música Municipal de Ribadumia viñeron a visitarnos.
Explicaron o concerto “Pinceladas musicais” que darán este domingo 16 de decembro ás 19:00 horas no Auditorio
Municipal. Cunha fermosa canción tocada
co clarinete, describíronnos unha bonita historia que os meniños representaron nun orixinal cadro cheo de pinceladas musicais. Durante o concerto expoñerán e explicarán este traballo,
non volo perdades.
lunes, 10 de diciembre de 2018
lunes, 3 de diciembre de 2018
O MONSTRO DAS CLOACAS
A
semana pasada, unha noticia que limos no Diario de Arousa levounos a descubrir ao monstro das cloacas. Alimentase das
toalliñas húmidas que tiramos polo váter e produce atascos nas depuradoras con
consecuencias moi danosas para o medio ambiente.
Primeiro
reflexionamos sobre onde va a auga cando tiramos da cadea do inodoro e que
pasaría se fora vertida directamente ao mar. Falamos das depuradoras e vimos o
seguinte vídeo para coñecer como funcionan.
Limos que
as toalliñas húmidas non se disolven coa suficiente rapidez como para
desintegrarse antes de chegar á depuradora de augas. Para comprobalo fixemos un
sinxelo experimento que podedes realizar tamén na casa. Metemos en dous envases
de auga diferentes unha toalliña e papel hixiénico, axitámolo e observamos o
resultado. Evidenciamos como o papel foise disolvendo mentres a toalliña
permaneceu practicamente intacta. A partir de agora temos claro que non podemos
tirar as toalliñas ao váter ou contribuiremos a alimentar ao monstro das cloacas.
sábado, 1 de diciembre de 2018
jueves, 29 de noviembre de 2018
PALMEIRA DE FROITAS
Despois de tantos días a voltas co picudo vermello e as palmeiras, non podíamos
deixar pasar a oportunidade de levar esta temática ao noso obradoiro de cociña.
martes, 27 de noviembre de 2018
A PALMEIRA DE LEIRO
Dende que limos
no xornal a noticia de que o picudo vermello facía estragos nas palmeiras, queríamos ver o
exemplar que hai preto da escola. Despois dunha semana de espera, onte por fin
a choiva deunos unha tregua e puidemos camiñar ata o xardín da igrexa de San
Xoán de Leiro onde se atopa. Quedamos abraiados co seu tamaño, vese por riba
dos tellados das casas. Había algunhas polas tiradas no chan e puidemos comparalas
con nós e apreciar o seu gran tamaño. Reflexionamos sobre a cantidade de anos
que fixeron falta para que acadara ese tamaño e comprendemos a mágoa que sería
se o picudo a atacara. Hoxe Suevia tróuxonos un tríptico con información sobre ese insecto, seguro que nos vindeiros días
aprendemos máis sobre el.
sábado, 24 de noviembre de 2018
O PLÁSTICO NO MAR
Esta
semana, a partir da noticia da erupción do volcán de Guatemala, falamos do que significa a evacuación das casas ou
da nosa escola en caso de perigo. Realizamos un simulacro e reflexionamos sobre
a importancia do proceso a seguir. Tamén vimos imaxes das inundacións de
Viveiro pero, sobre todo, conversamos ao redor dos estragos que ocasionan os
plástico no mar cando descubrimos unha cría de golfiño cunha bolsa enredada no fociño.
viernes, 23 de noviembre de 2018
jueves, 22 de noviembre de 2018
UNHA SORPRESA INESPERADA
Como xa
sabedes, sempre que o tempo nolo permite, imos camiñar ao redor da escola.
Hoxe, cando saímos, había un coche de tráfico na porta. Nun primeiro momento os
meniños mirárono con certo receo pero, os gardas civís, moi amablemente,
propuxéronos ver o seu vehículo. Non dubidamos en aceptar a súa invitación.
Falaron connosco do importante que é viaxar co cinto de seguridade posto e
deixáronnos subir ao interior do coche. Queremos agradecerlle aos axentes a súa
xenerosidade e paciencia cos cativos.
miércoles, 21 de noviembre de 2018
martes, 20 de noviembre de 2018
XVI CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
Ao chegar
estas datas, o Concello de Ribadumia convoca o seu tradicional Concurso de Postais de Nadal. Coma todos
os anos, coa axuda da mestra Ana, os meniños crean as súas pequenas obras de
arte para participar. A cada un dos finalistas de cada unha das categorías
premiaráselles cun agasallo que entregarase o día 5 de xaneiro de 2019 ao
remate da Cabalgata de Reis. Pero lembrade que soamente pódese presentar unha postal,
se ides participar dende casa avisade para non entregar a da escola.
domingo, 18 de noviembre de 2018
NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO
Para conmemorar o mes da ciencia en galego, esta semana Zapatocas tíñanos preparado un pequeno recuncho con
diversos libros que teñen a ciencia como eixo central. O luns, ademais de velos,
reflexionamos sobre o cartel anunciador de “ler ciencia” e intentamos atopar as diversas áreas do coñecemento na nosa biblioteca.

viernes, 16 de noviembre de 2018
CONTANDO ATA DEZ
Cando polo
Samaín baleiramos e decoramos entre todos a cabaza xigante que nos trouxo Elena,
separamos as pebidas da polpa e reservámolas. Daquela puxémolas a secar e,
aínda que algunhas colleron algo de humidade, a maioría serven para plantar e
ter unha boa colleita para o ano.
Hoxe cada meniño levou dez para sementar na casa cando chegue a primavera. Pero antes tiveron que preparar os sobres con folios reciclados para gardalas. E despois, contar e separar dez sen confundirse. Na casa podedes volver a contalas con eles e os que descubrades que aínda non saben a cantinela ou enganasen no reconto, axudarlle nas vindeiras semanas a conseguilo.
Hoxe cada meniño levou dez para sementar na casa cando chegue a primavera. Pero antes tiveron que preparar os sobres con folios reciclados para gardalas. E despois, contar e separar dez sen confundirse. Na casa podedes volver a contalas con eles e os que descubrades que aínda non saben a cantinela ou enganasen no reconto, axudarlle nas vindeiras semanas a conseguilo.
jueves, 15 de noviembre de 2018
O PICUDO VERMELLO
Dende que
a semana pasada leramos nos xornais que nos trouxeron Suevia e Marta os danos
que o picudo provocou na palmeira do Concello de Vilagarcia, é moito o que falamos ao redor deste insecto. En
internet vimos vídeos de como medra, os estragos que ocasiona, como o eliminan
e o traballo que levaron os operarios municipais para talar a palmeira.
martes, 13 de noviembre de 2018
MONSTRO PELUDO
O venres pasado, coa elaboración dun mostro peludo, dimos
por rematada a temática do medo no noso
obradoiro de cociña.
domingo, 11 de noviembre de 2018
FORMACIÓN DE USUARIOS DA BILIOTECA
Na nosa
biblioteca os exemplares de literatura están ordenados por editoriais, deste xeito, aínda que os rapaces non saiban ler, poden recoñecer
a editorial polo seu logotipo e
volver a colocar o libro no seu lugar correspondente. Conforme imos rematando
de ler os contos da guía de lectura para valentes que publicamos co gallo do día das bibliotecas,
temos que aprender a devolver os exemplares ao seu andel. Para facilitar
está habilidade, deseñamos unha serie de actividades baseadas nunha adaptación do cartel da CDU ilustrada por Óscar Villán que sistematicamente iremos
traballando ao longo do curso.
jueves, 8 de noviembre de 2018
XOIAS PARA INVESTIGAR
miércoles, 7 de noviembre de 2018
XOGANDO CON CAROZOS
Hoxe, cos
carozos que sobraron do Magosto que celebramos a semana pasada, estivemos
aprendendo un dos xogos cos que enredaban os nosos avós cando eran pequenos. Tratase
de facer unha torre o máis alta posible sen que caía ao chan poñendo cada neno un
carozo por quendas.
Tamén comprobamos que podemos facer nomes con
eles e nos vindeiros días seguiremos experimentando e creando. Probade
a xogar tamén vós na casa cos meniños, seguro que atopades un montón de usos
creativos. Animádevos a mandarnos fotos e publicarémolas no blog para compartir
ideas.
lunes, 5 de noviembre de 2018
BRUXA
Continuamos
enfrontándonos aos nosos medos dende o obradoiro de cociña. Nesta ocasión tocoulle
quenda ás bruxas. Aínda que no último momento tivemos que improvisar e
substituír algún ingrediente que quedou esquecido na casa.
jueves, 1 de noviembre de 2018
SAMAÍN 2018
Pero antes, tivemos unha mañá chea de actividades. Primeiro o Seprona explicounos como podemos axudar a coidar o medio ambiente. Despois, bailamos ao ritmo da banda de música e tocamos os seus instrumentos. Recuperamos forzas cunha merendola aterradoramente deliciosa que prepararon as familias dos nenos de cinco anos. Coa barriguiña chea recibimos á bruxa Montse, que coa axuda das mestras Olalla, Ana, Belén e Olalla, dramatizaron un arrepiante conto que nos encantou. Todo isto sen esquecer unha espectacular exposición de cabazas e un rico Magosto. Moitas grazas a todas as familias pola súa axuda e colaboración, e en especial ás que estiveron toda a mañá asando castañas a pesar da choiva e o frío.
martes, 30 de octubre de 2018
¡GRACIÑAS ELENA!
A pesar
dos anos transcorridos dende que María rematou a súa Etapa de Infantil, a súa
avoíña continúa facéndonos chegar un dos seus fermosos calacús para decoralos
na aula. Cando vai chegando a festa do Samaín, lémbrase de nós e, grazas iso,
pasamos unha divertida mañá baleirando as cabazas da súa horta. Un millón de
bicos para María, a súa mamá Elena e en especial para a avoíña.
lunes, 29 de octubre de 2018
XOGANDO COS MEDOS
A sesión semanal de xogos, estamos a dedicarlla a enfrontarnos aos nosos medos. Baseándonos
na canción de Rosa León “Jugando al escondite” creamos a nosa propia versión
substituíndo o lobo por cada un dos nosos temores.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)