miércoles, 24 de octubre de 2018

¡FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!


Hoxe conmemórase o Día da Biblioteca e son múltiples as actividades que se organizan nos centros educativos para celebralo. Na nosa escola, como andamos a voltas cos medos, decidimos facelo editando unha guía de lectura para valentes que hoxe publicamos en formato dixital. Nos vindeiros días, cando leamos todos eses contos e rematemos de traballar con ela na aula, os nenos levarana para casa en formato papel. Lembrade que despois quedan os libros a vosa disposición na biblioteca escolar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario