jueves, 22 de noviembre de 2018

UNHA SORPRESA INESPERADA


Como xa sabedes, sempre que o tempo nolo permite, imos camiñar ao redor da escola. Hoxe, cando saímos, había un coche de tráfico na porta. Nun primeiro momento os meniños mirárono con certo receo pero, os gardas civís, moi amablemente, propuxéronos ver o seu vehículo. Non dubidamos en aceptar a súa invitación. Falaron connosco do importante que é viaxar co cinto de seguridade posto e deixáronnos subir ao interior do coche. Queremos agradecerlle aos axentes a súa xenerosidade e paciencia cos cativos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario