Sabemos que Zapatocas quere viaxar a Andalucía
e nós, que nos apuntamos a todo, tamén, pero … ¿onde está esa Comunidade Autónoma?...
Para descubrilo buscamos nos atlas que nos trouxeron Adrián e Rita. O primeiro
localizar Galicia, que é onde vivimos nós. Atopámola encima de Portugal, país
que moitos dos nenos din coñecer, foron cos seus papás. Seguimos buscando e “abaixo”
pegadiña ao mar encontrámola. Coloremos ámbalas dúas con coidadiño de non saírnos
e meternos en Portugal ou no mar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario