Esta semana en case todos os xornais que ollabamos
aparecía a Festa do marisco de O Grove. Vimos esculturas, bailes, cabezudos … pero especialmente
aproveitamos a noticia para coñecer e ler os nomes de tan delicioso alimento:
boi, vieira, navalla, ameixa, gamba, centola, cigala …
Nos periódicos vimos que empezou o día 1 pero
que durará ata o 12 polo que esta fin de semana aínda estamos a tempo de visitala.
Hoxe limos que mañá é a xornada do mexillón: ao vapor, á vinagreta, en salsa, empanada, croquetas …
Tal vez para o vindeiro curso animémonos a facer no noso obradoiro de cociña a nosa
propia versión deste saboroso produto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario