Aula de Leiro
jueves, 29 de octubre de 2015
SAMAÍN E MAGOSTO 2015
Aínda que a choiva non parou en toda a mañá e non nos deixou gozar da festa no exterior, nós pasámolo ben igual. No transcurso da mañá vimos contos, películas, cantamos cancións, bailamos, pintamos, xogamos …
Con tanta actividade entrounos fame pero as familias xa tiñan preparada unha exquisita e terrorífica merendola que espertou as delicias de grandes e pequenos. Coas forzas recuperadas asistimos á actuación dun contacontos musicado e, baixo a dirección da mestra Olalla, realizamos unha aterradora dramatización. Como punto final a mestra Montse deleitounos coas súas apócemas e feitizos. Moitas grazas a todos por facer tan especial esta xornada chuviosa e especialmente ás mamás que, a pesar do mal tempo e o fume, estiveron asando castañas para todos.
1 comentario:
Tamara
31 de octubre de 2015, 23:54
Como nos divertimos todos, pais e nenos. Gracias o profes.
Responder
Eliminar
Respuestas
Responder
Añadir comentario
Cargar más...
Entrada más reciente
Entrada antigua
Inicio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Como nos divertimos todos, pais e nenos. Gracias o profes.
ResponderEliminar