miércoles, 28 de octubre de 2015

PREPARÁNDONOS PARA O SAMAÍN


¡Como nos gusta baleirar e decorar os calacús!... non nos daba chegado o momento. Dende que a mamá de María Aboy trouxéranos unha cabaza xigante para a festa, estabamos desexando empezar a preparala. Primeiro tivemos que poñernos de acordo sobre como queríamos realizala. Uns querían que dera risa, outros pola contra optaban polo medo. Hoxe fixemos unha votación e tivemos que aceptar a opinión da maioría. Despois coa axuda da mestra Belén procedemos ao seu baleirado. Separamos a polpa das pebidas para gardalas cando estean secas. E por último, chegou o momento máis divertido: poñerlle unha candea dentro, baixar as persianas, apagar as luces e xogar a asustar … Grazas Elena por, a pesar do tempo transcorrido, seguir lembrándote de nós.

2 comentarios:

  1. Tendo unha mama que as cultiva é facilisimo, so é cargala,xa se encarga ela de recordarmo dende o comenzo do curso,un besote moi grande para todos e unha ledicia escoitar que o pasaron moi ben.

    ResponderEliminar
  2. Unha vez máis moitísimas grazas. Un biquiño enorme para a avoíña e outro para María… ¡canto vos botamos de menos!

    ResponderEliminar