Este é o traballiño que presentamos para a V edición do concurso escolar convocado polo Parlamento de Galicia baixo a lenda "En busca da igualdade". Non conseguimos gañar, pero nós pasámolo ben igual traballando ao
redor das nosas emocións.
E falando de sentimentos, hoxe por fin os
nenos levaron para casa o “Sentimentómetro” que construímos o martes para expresar os
nosos estados de ánimo. Trátase da nosa propia versión da ruleta que vimos no
libro ¡Sentimentos! alá polo mes de febreiro e que tantas ganas tíñamos de facer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario