No xornal ”Diario de Arousa” vimos que, a plataforma de
crítica literaria A Sega, propuxo celebrar o aniversario de Rosalía de
Castro animando aos cidadáns a arroupar as estatuas da escritora con prendas de
roupa calcetadas a man.
Na nosa aula estivemos reflexionando sobre esta nova e
decidimos que nós tamén íamos participar no proxecto ao noso xeito. Optamos
por elixir unha peza de roupa que nos gustaría calcetar para Rosalía cun unha
única condición, non repetir prenda para facerlle un vestiario completo. O noso listado foi do máis variado: bufanda, gorro, vestido, capa,
calcetíns, chaqueta, chaleco … ¡ata luvas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario