O mércores pasado tocoulle quenda ao dominó
de texturas. As pezas son de gran tamaño e facilitan a exploración sensorial
con superficies rugosas, lisas, ásperas, suaves … Cos ollos pechados e un
pouquiño de paciencia, logramos formar pares coas máis doadas de identificar,
pero non fomos capaces de botar partidas sen empregar o sentido da vista. Como contraste,
hoxe probamos co dominó de ideas e, en pouco tempo, xogamos un par de partidas.
Por outra banda, temos “obras” en clase. Esta
semana andamos a cambiar os recunchos da aula para reorganizalos e intentar
conseguir máis espazo de xogo e traballo. Dende onte o recanto da biblioteca
está pechado e os meniños botana en falta. Mañá, se todo vai ben, rematemos de
colocar as cousas e abriremos un novo espazo: o recuncho do ordenador. Algún que
outro cativo xa está desexando estrear os novos currunchos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario