martes, 19 de febrero de 2013

AS NOVAS NO “ABC”

Dende que vimos este xornal en clase por primeira vez, gustou aos meniños por un par de motivos. O primeiro, o seu nome, ler como se chama é moi doado, soamente é necesario coñecer as tres primeiras letras do abecedario. O segundo motivo é o seu formato, é máis pequeno que os demais periódicos e polo tanto máis manexable en mans inexpertas; ademais, ao editarse con grampa, non se lles desfai aos cativos cando se moven con el dun sitio para outro.
Pero hoxe, o ABC do domingo que nos trouxo a mamá de María, espertou o interese dos pequenos polo seu contido. Vimos tres noticias das que falamos amplamente: a morte da cantante  Marifé de Triana, a caída dun meteorito e a renuncia de Benedicto XVI.
 

3 comentarios:

  1. La infancia se supone que debe ser una etapa feliz, porque a medida que se va creciendo la vida te dará golpes suficientes. Pienso que hay noticias mucho más interesantes y de temas menos trascendentes que la muerte para tratar de inculcarle a unos niños de infantil el gusto por la lectura y la información. Meteorito está bien, muerte es algo que aunque los niños tendrán que percibir como algo natural me parece un poco temprano sobre todo si tenemos en cuenta que muchas veces nos cuesta entenderlo hasta a los adultos (mi opinión la baso en el dibujo que veo) y Benedicto me voy a reservar sin pronunciarme. ¿Dónde están los Goyas? ¿Dónde el deporte y el espíritu luchador de Nadal? Son niños, deben disfrutar, y aprender cada cosa a su debido tiempo.

    ResponderEliminar
  2. Unha curiosidade, de quén partiu a idea de comentar a figura de Marifé de Triana en Leiro e con infantil? quén a coñecía?

    ResponderEliminar
  3. Dos nenos, como case todas as novas. Eles preguntan cando ollamos o xornal e ven as ilustracións: ¿quen é?, ¿que pasou?... En concreto nesa noticia chamoulle a atención o nome da cantante porque que era “raro”.

    ResponderEliminar