martes, 8 de enero de 2013

COMEZAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE…

E o mellor xeito de facelo é xogando co agasallo que nos trouxo para compartir na aula o Apalpador. Antes de marchar de vacacións escribirámoslle as cartas coas nosas peticións: unha casiña, unha boneca, un coche de carreiras, un quebracabezas … Os xoguetes tiñan que ser de madeira que é o material co que el traballa, pero as opcións son múltiples. Hoxe sorprendeunos cun dominó. Os máis pequenos non tiñan moi claro as normas a seguir, pero tras un par de partidas logo aprenderon. Para todos aqueles que aínda non coñezan ben a historia dese peculiar personaxe, poden ver o seguinte vídeo-conto realizado polo CEIP Coirón Dena.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario