¡ATA SEMPRE MILIKI!

Este era o tema
central do noso festival de Nadal deste ano. Queríamos renderlle unha pequena
homenaxe a este gran pallaso. 
Durante semanas estivemos preparando a nosa
actuación, pero tamén coñecendo moitas das súas cancións. Hoxe, xunto aos
compañeiros doutras escolas, gozamos dun autentico repertorio das máis
coñecidas. 
Pero antes das representacións, tivemos unha mañá chea de
actividades. Primeiro fixemos unhas tarxetas de felicitacións na aula, despois
na biblioteca limos o conto “La primera navidad de los animales” que nos encanta,
vimos a película “La navidad de Caillou”, xogamos á roda e a “Guante, guante”,
e para rematar, decoramos unha careta de pallaso.
Case sen darnos conta chegou
a hora de merendar … biscoitos, turróns, rosquillas … ¡que ben cociñan as
familias de todas as escolas!... Coa barriguiña chea volvemos á aula para
disfrazarnos. Fomos os primeiros en actuar como auténticos profesionais,
despois o resto das escolas nos fixeron cantar, rir e gozar cunhas simpáticas representacións. 
Para rematar, a visita do Apalpador, que a cambio das nosas cartas, deunos unha
ricas bólas de chocolate.
E non podíamos despedirnos do ano sen cantar todos
xuntos a panxoliña que prepararamos co mestre Felipe.
¡Bo Nadal e felices
vacacións!
No hay comentarios:
Publicar un comentario