O
curso pasado recibíamos diariamente “La Voz de Galicia” e o “Faro de Vigo”.
Cando chegabamos á escola atopabamos o xornal na porta. Facíanos ilusión chegar
o primeiro para collelo e ollalo
na colchoneta mentres viñan o resto dos compañeiros.
Co transcurso dos
meses, aínda que non sabíamos ler, fomos aprendendo a localizar as diferentes
seccións: o
tempo, os deportes,
os pasatempos, cultura
… E aquelas noticias que, polas fotos, espertaban o noso interese,
pediámoslle a mestra que nolas lera. Cando xa chegaban todos, sentados ao redor
do xornal, comentabamos
as novas publicadas e, ás veces, eran detonante
de novos proxectos de investigación na aula.


No hay comentarios:
Publicar un comentario