Estes
días para preparar a visita a Apípolis andamos traballando ao redor das abellas.
O venres, no libro “La abeja de la miel” de Edebé, descubrimos onde viven e como nacen estes
impresionantes insectos. Comparámola coa avespa que viramos a principio de
semana e buscamos semellanzas e diferenzas. Cando a última hora
chegou o momento dos xogos, fixemos unha roda e …
"As
abelliñas de San Miguel
andan
todas ao redor do mel
e
do mel e da melaza
que
se viren as nenas de cachas"…
Despois
tocoulle aos nenos volverse e, por último, cando xa todos estabamos dando
voltas de costas, chegou a estrofa que máis nos gusta…
"As
abelliñas de San Miguel
andan
todas ao redor do mel
e
do mel e da melaza
que
se xunten cachas con cachas,
cachas
con cachas
cachas
con cachas" …
No hay comentarios:
Publicar un comentario