O venres puxemos punto final á Semana da Prensa, pero non ao noso traballo ao redor do xornal, que continuará estando presente cada mañá a primeira hora cando ollemos o periódico. A despedida fixémola unha vez máis xogando. A semana pasada vimos como podíamos converter o diario en volantes, cadeiras, sombreiros… nesta ocasión simplemente tivemos que engurrar forte follas do xornal e o potencial multiplicouse ao quedar convertido en pelotas.
Lanzar ao aire e collelas antes de que caeran ao chan; golpealas coa cabeza, as mans, os xeonllos… xogar ao fútbol… e cando rompen ¡a encestar na papeleira!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario