jueves, 15 de noviembre de 2018

O PICUDO VERMELLO


Dende que a semana pasada leramos nos xornais que nos trouxeron Suevia e Marta os danos que o picudo provocou na palmeira do Concello de Vilagarcia, é moito o que falamos ao redor deste insecto. En internet vimos vídeos de como medra, os estragos que ocasiona, como o eliminan e o traballo que levaron os operarios municipais para talar  a palmeira.

martes, 13 de noviembre de 2018

MONSTRO PELUDO

O venres pasado, coa elaboración dun mostro peludo, dimos por rematada a temática do  medo no noso obradoiro de cociña.



domingo, 11 de noviembre de 2018

FORMACIÓN DE USUARIOS DA BILIOTECA

Na nosa biblioteca os exemplares de literatura están ordenados por editoriais, deste xeito, aínda que os rapaces non saiban ler, poden recoñecer a editorial polo seu logotipo e volver a colocar o libro no seu lugar correspondente. Conforme imos rematando de ler os contos da guía de lectura para valentes que publicamos co gallo do día das bibliotecas, temos que aprender a devolver os exemplares ao seu andel. Para facilitar está habilidade, deseñamos unha serie de actividades baseadas nunha adaptación do cartel da CDU ilustrada por Óscar Villán que sistematicamente iremos traballando ao longo do curso.

jueves, 8 de noviembre de 2018

XOIAS PARA INVESTIGAR


Esta semana foron moitas as conversas que tivemos ao redor das noticias que apareceron na prensa. Sempre xorden cousiñas que espertan o interese dos meniños e con frecuencia acudimos á biblioteca a buscar máis información ao respecto. Esta mañá centramos o noso traballo nunha nova que leramos cando andabamos a preparar a carreira contra a leucemia. Limos que Loli Beloso deseña xoias para investigar contra o cancro e, na prensa dixital, vimos fotos do seus traballo.

miércoles, 7 de noviembre de 2018

XOGANDO CON CAROZOS

Hoxe, cos carozos que sobraron do Magosto que celebramos a semana pasada, estivemos aprendendo un dos xogos cos que enredaban os nosos avós cando eran pequenos. Tratase de facer unha torre o máis alta posible sen que caía ao chan poñendo cada neno un carozo por quendas.
 Tamén comprobamos que podemos facer nomes con eles e nos vindeiros días seguiremos experimentando e creando. Probade a xogar tamén vós na casa cos meniños, seguro que atopades un montón de usos creativos. Animádevos a mandarnos fotos e publicarémolas no blog para compartir ideas.

lunes, 5 de noviembre de 2018

BRUXA

Continuamos enfrontándonos aos nosos medos dende o obradoiro de cociña. Nesta ocasión tocoulle quenda ás bruxas. Aínda que no último momento tivemos que improvisar e substituír algún ingrediente que quedou esquecido na casa.

jueves, 1 de noviembre de 2018

SAMAÍN 2018

Este ano os zombis foron os protagonistas na nosa festa do Samaín. Dirixidos pola mestra Olalla e ao ritmo da canción Thriller de Michael Jackson, deleitaron ao publico co seu terrorífico e divertido baile. 
Pero antes, tivemos unha mañá chea de actividades. Primeiro o Seprona explicounos como podemos axudar a coidar o medio ambiente. Despois, bailamos ao ritmo da banda de música e tocamos os seus instrumentos. Recuperamos forzas cunha merendola aterradoramente deliciosa que prepararon as familias dos nenos de cinco anos. Coa barriguiña chea recibimos á bruxa Montse, que coa axuda das mestras Olalla, Ana, Belén e Olalla, dramatizaron un arrepiante conto que nos encantou. Todo isto sen esquecer unha espectacular exposición de cabazas e un rico Magosto. Moitas grazas a todas as familias pola súa axuda e colaboración, e en especial ás que estiveron toda a mañá asando castañas a pesar da choiva e o frío.