martes, 26 de mayo de 2015

REMATAMOS O NOSO CALENDARIO DE VELÁZQUEZ



A semana pasada completamos o mes de xullo cun “Autorretrato” do artista e onte, o de agosto, coa obra “Adoración dos Reis Magos”. Coma sempre buscamos nos diferentes libros cada cadro pero non sempre hai imaxes deles en todos os exemplares. O que gusta máis aos nenos é recoñecer nas ilustracións as obras que xa traballamos e lembrar o seus títulos. Pero o feito de atoparnos co rei Baltasar nunha pintura de Velázquez deunos moito do que falar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario