domingo, 5 de octubre de 2014

PARA MERENDAR… UN MONO


Como xa sabedes, gústanos levar ao noso obradoiro de cociña o tema que estamos a traballar na escola, así que, con esta particular receita, imos mergullarnos en “A Selva Amazónica” durante unhas semanas. Baseándonos na idea que vimos en http://www.nosolobebes.com/meriendas-divertidas-un-mono-hecho-de-galletas/  fixemos a nosa propia versión. Gabriel díxonos moi acertadamente que con doce leite podíamos acadar mellor a cor do mono león dourado, pero como a mestra non estaba segura de conseguila, optamos pola crema de cacao. Mencía tamén suxeriunos facer os ollos con uvas dado que estamos en plena época de vendima, pero ao final… ¿lembrades que empregamos para facelos?... a ver quen nos envía un comentario coa resposta.


2 comentarios: