domingo, 6 de noviembre de 2011

A TORRE DE LONDRES

Xa viramos debuxos dela en "Cartas de Félix", pero neste vídeo puidemos coñecela por dentro. Sabíamos que era un castelo pero nos sorprendeu que houbera corvos. Segundo a lenda, se estes desapareceran derrubaríase a torre, e con ela o reino, por isto, córtanlle os estremos dunha das alas para evitar que escapen. Anxo xa nos contou que a súa avoa tamén llas corta ás galiñas…

No hay comentarios:

Publicar un comentario