O vindeiro mércores día 10 de xuño poderedes acudir ao
centro de 10 a 12 horas para a recollida e devolución do material escolar.
Activaremos o protocolo de medidas relativas á prevención fronte ao COVI 19 de acordo
coa resolución do 22-05-2020 da Consellería de Educación. Estas normas de
obrigado cumprimento serán as seguintes:
-
A entrega/devolución do material farase pola ventá da
biblioteca que dá á entrada da aula de Leiro.
-
Deberase manter a distancia de seguridade en todo momento
e empregar máscara.
-
Soamente unha persoa da familia será a encargada de
devolver o libro da biblioteca na súa bolsa e, no caso de que tamén os teñan na
casa, a mochila viaxeira da biblioteca, os cadernos viaxeiros e os contos da
biblioteca de aula.
-
A titora faravos entrega do material que hai que devolver
(carpeta, traballos, cadernos, libros, pandeireta …) nunha bolsa.
-
A persoa encargada de facer a devolución/recollida do
material asinará un xustificante. Se queredes podedes traer o bolígrafo de casa
para evitar compartir material. No caso de non poder vir ningún familiar ese
día, podedes autorizar a outra persoa.
-
A hixiene de mans será obrigatoria antes de despois da
recollida, a estes efectos na ventá haberá un dispensador de solución hidro
alcohólica.
-
Non está permitido:
·
O acceso ao interior da escola
·
O uso do patio
·
As reunións de varias persoas no recinto escolar
·
A asistencia dos nenos e nenas
Contactade coa titora no correo electrónico escoladeleiro@gmail.com se tedes calquera dúbida. No caso de que haxa algún cambio comunicarémolo no blog. O profesorado continuará
coa actividade telemática. Moitas grazas pola vosa colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario