

Como
o ano pasado, estes días, tamén os estamos dedicando a coñecer a obra máis
emblemática de Cervantes. O venres vimos o primeiro capítulo da serie televisiva
“Don Quijote de la Mancha”
da que nos encanta a súa pegadiza canción. Hoxe comezamos a ler o libro “Las
aventuras de Don Quijote” e a nosa bolsiña de lectura veu cargada de contos
relacionados co “cabaleiro da triste figura”: “De
la a A a la Z con don Quijote”, “Don Quixote e Breogan”, “Dulcinea,
a nena cabaleira” …
O
noso obradoiro de cociña deste venres tamén estará dedicado a Don Quixote, pero
nós en lugar de pelexar cos muíños temos pensado comelos. Xa vos contaremos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario