miércoles, 10 de abril de 2013

RECOMPILANDO INFORMACIÓN DE DALÍ

O luns, dedicamos a nosa visita semanal á biblioteca escolar a buscar os libros que temos de Salvador Dalí. Vimos onde están colocados e comprobamos que todos teñen unha pegatina rosa e o número 75 no seu lombo porque tratan de arte. Mentres, o noso recuncho da aula vai medrando coa contribución de todos: libros, debuxos, datos curiosos, láminas… ata un xadrez con pezas baseadas nos seus deseños coas que lles encanta enredar aos cativos. Nas vindeiras semanas e ata fin de curso, iremos vendo, lendo e organizando todos os materiais aportados para ir sacando información e adaptándoa aos intereses dos nenos. Unha vez máis grazas a todas as familias pola súa colaboración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario