miércoles, 19 de marzo de 2014

¡FELICIDADES PAPÁS!

Hoxe fixemos a nosa particular conmemoración do día do pai lendo contos que teñen ao noso proxenitor como protagonista. En “P de papá” vimos como un papá, para axudar o seu fillo, é capaz de transformarse nas cousas máis incribles: nun abrigo, nun colchón, nun carrusel... Aínda que en  “Mi papá es el mejor” tamén descubrimos que hai papás veraneo, papás navideño… ¡ata papás sobre rodas!. E como non nos deu tempo de ver “Un papá a la medida”, aquí vos deixamos o vídeo por se queredes coñecelo en familia.



E non vos esquezades que hoxe ás 18:00 horas comeza a Campaña de Animación á Lectura da Biblioteca Municipal de Meis, co contacontos para bebés “Palma Repalma” de Pavís-Pavós.

3 comentarios:

  1. Boas son Martiño que tanto vos boto de menos póñome triste o vervos, mama di que medrastes moito, eu véxovos moi guapos e que tendes unha sorte grande coa mestra que tendes, esforzádevos que para o ano ídelo necesitar, quero ir a darvos unha visita pero e complicado porque non teño días festivo que vos teñades clase, quérovos moito a todos e as mestras tamén, un bicazo.

    ResponderEliminar
  2. Na seguinte ligazón podédesme ver a miña clase, compañeiros,e incluso eu:

    http://aprendemosxuntosprimeiro.blogspot.com.es/

    ResponderEliminar
  3. ¡Ola Martiño!, como nos gusta saber de ti e ver os teus novos compañeiros. Nós tamén te botamos moito de menos. Seguro que un día poderás vir a vernos e ser ti quen nos lea un deses contiños que tanto nos gustan. Moitos bicos.

    ResponderEliminar