Cada día, a volta do recreo, temos o momento máis máxico
da xornada: a hora de ler. Sentados na colchoneta, ao redor dunha chea de
contos que sacamos dunha bolsiña, o encargado do día escolle cal lemos. Con cada
lectura ábrese un mundo de posibilidades e descubrimentos.
Nos últimos días as pantasmas son as protagonistas destes contiños. Con elas andamos a xogar e a expresar os nosos medos. No libriño “Tasma el fantasma" vimos que a pantasma lle tiña medo ás arañas e como a princesa lle axuda a ver o lado divertido. Nós tamén lle temos medo ás arañas e, para superalo, propoñemos levalas ás nosas elaboracións culinarias da fin de semana. Pero iso volo contaremos na seguinte entrada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario