Despois da visita a Apípolis toca
repasar e afianzar o aprendido. O luns, na biblioteca, limos o libro ¿Cómo
se hace la miel? e lembramos como se chamaba e escribía o oficio das
persoas que coidan das abellas. A mestra tróuxonos algúns dos obxectos que
viramos na excursión pero que non manipularamos. Comprobamos o suave que é o cepillo
para non mancar ás abellas, fai cóxegas e non puidemos evitar rir.
O afumador
cheira forte pero nos gustou descubrir como era por dentro e sentir como botaba
aire.
Se
queredes ver máis fotos da excursión a Apípolis, podedes visitar os blogues dos
pequenos
e maiores
de Ribadumia, Sisán
e Lois,
soamente tedes que clicar nas palabras para acceder directamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario