O luns, cun día de sol espectacular e cargados de ilusión,
realizamos a nosa andaina anual pola Variante Espiritual do Camiño de Santiago.
No transcurso da xornada atopamos moitos peregrinos aos que saudamos e, como
manda a tradición, desexamos Bo Camiño!.
Foi unha mañá chea de descubrimentos e pequenos tesouros.
Vimos figueiras, loureiros, abeleiras, vides, kiwis … ata
canas de bambú.
O croar das ras acompañounos durante todo o camiño ao
igual que o cantar dos paxariños.
Ao chegar á praia fluvial, descansamos e enredamos coa
area e as flores.
E expresamos tan enriquecedoras vivencias a través de debuxos.
Despois merendamos para recuperar forzas e continuamos co
percorrido.
Entre xogos en cancións, chegamos pronto ao final do
traxecto e sobrounos tempo para cruzar a ponte e brincar na praia á sombra da
marxe esquerda do río. Alí vimos multitude de zapateiros na auga e peixiños.
E nada mellor que rematar a xornada que lendo contiños rodeados de natureza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario