jueves, 17 de febrero de 2022

O NIÑO DE PAXAROS

 

O 2 de febreiro di a tradición galega que é o día no que casan os paxariños. Nas nosas andainas ao redor da escola comprobamos como eles andan piando e rebuldeiros. Buscan parella coa que construír o niño onde criar os seus filliños. Dende a nosa escola quixemos unirnos a esta bonita tradición e celebralo cociñando un divertido niño de paxaros. Como o noso viaxeiro Fogg estivo en Italia, nada mellor que os saborosos espaguetes para crear a base coa que elaborar este divertido prato. Neste enlace tedes a receita que vos propoñemos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario