Continuamos coa nosa temática de Nadal e propoñemos unha divertida pizza. Se non temos masa de pizza como nos indican neste enlace do que copiamos a receita, podemos utilizar pan de molde. Para os que se animen a cociñar tamén o gorro, nesta páxina tedes como facelo empregando un pemento de piquillo enteiro. E xa sabedes, se vos apetece compartir as vosas creacións, podedes enviar as fotos a escoladeleiro@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario