Chega a fin de semana e con ela a nosa proposta culinaria en familia. Continuamos coas uvas como ingrediente principal para elaborar unha nutritiva bolboreta. Na nosa receita optamos por empregar laranxa para as alas pero tamén podedes facela con anacos de sandía. As antenas serán de cenoria ou podedes optar por calquera outro alimento.
A parte de cortar será feita por adultos pero os meniños poden espichar as uvas e montar a bolboreta. Neste enlace tedes unha versión do proceso de elaboración e no vídeo inferior outra, ao final del tamén tedes como facer unha sinxela e divertida eiruga. E por suposto, podedes deixar voar a imaxinación e crear as vosas propias receitas. E xa sabedes, se vos apetece compartir as vosas creacións envialas a escoladeleiro@gmail.com e publicarémolas neste blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario