Para dar a coñecer as
múltiples virtudes das conservas do mar, incidindo así en hábitos de consumo
alimentarios saudables, esta mañá desenvolveuse na escola o obradoiro: Fai clic
ao teu bocata. Da man dos científicos Mar e Roi, vimos as características das
conservas de peixe e de marisco, os seus nomes e o proceso que seguen dende que
están no seu medio natural ata que chegan a ser parte dun bocadillo.
Despois prepararon e
repartiron bocatas de sardiñas con queixo, leituga e tomate para merendar. E por
último déronnos unha chea de agasallos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario