Xa vos comentaramos nunha entrada anterior que este curso
estamos a desenvolver o proxecto Protexe aos
animais. Cremos que o mellor modo de coidalos é coñecendo as
súas características e necesidades. Por este motivo, paseniño, estamos traballando ao redor de cada unha das
mascotas dos meniños da escola. Xa aprendemos algunhas cousiñas sobre os
cabalos tendo como protagonista a Furia, a egua de Marta. E sobre os gatos, con
Pandora, Era e Duque, as mascotas de Agatha.
Esta semana tocoulle quenda a Luna, á cadela de Hugo. Mirade
no vídeo que nos mandou cantas cousiñas nos conta dela. Moitas grazas por compartilo
connosco, encantounos.
Nos libros que temos na biblioteca vimos como son os órganos
internos e o esqueleto dos cans. Tamén falamos sobre as súas grandes cualidades
e o moito que axudan as persoas. Nos vindeiros días continuaremos descubrindo
curiosidades do resto das mascotas dos meniños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario