A semana pasada lembramos as aventuras dos Arroases, unha
cuadrilla de sete nenos que coñecen moi ben as vantaxes de comer peixe. Na nosa
aula tamén queremos beneficiarnos das propiedades destes animais. Nesta liña, e para fomentar o consumo de peixe,
cada día que os meniños traian e coman bocatas de produtos do mar: atún,
mexillón, sardiña, polbo … lograrán un
selo para o seu álbum. Cando o completen, Os Arroaces daranlle un diploma e unha sorpresa.
Eric e Marta xa conseguiron o primeiro selo con saborosos
bocadillos de sardiña e mexillón respectivamente. A ver quen mais se anima a
enriquecer a súa dieta con produtos do mar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario