Ao rematar febreiro as fresas comezan a estar no seu
mellor momento. Cada ano aproveitámolas para celebrar o aniversario de Rosalía
de Castro cunha saborosa torta de amorodos con nata. Este curso non podemos
realizala na aula, pero vos animamos a elaborala na casa e logo ler un dos
fermosos versos rosalianos. Se non sabedes cal escoller, neste enlace tedes un vídeo
co poema “Adiós ríos, adiós fontes” que o curso pasado realizamos no noso
centro.
Xa chegaron ao correo da escola as primeiras fotos da
elaborada por Noa. Mirade nas imaxes que chuliña lle quedou e como se divertiu realizándoa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario