miércoles, 4 de noviembre de 2020

UN TRISTE FINAL

Como temíamos, os picudos vermellos acabaron coa palmeira de Leiro. Por este motivo, saíron ao exterior buscando novos exemplares que colonizar e entraron na  nosa escola.

Fomos vela hoxe, ao rematar de merendar, e acompañounos a mestra Ana. Non puidemos achegarnos, polo perigo que supón a posible caída das súas pólas, pero si ver os estragos que ocasionaron os insectos. Deunos moita pena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario