Este ano, na nosa festa do Samaín, eramos pouquiños, pero
o pasamos en grande. A primeira hora, mentres que o sol non quentaba, fixemos
sesión de fotos de disfraces e cabazas decoradas.
Despois xogamos en clase a
agochar e atopar o zapato da bruxa Patuxa.
Case sen darnos conta chegou a hora de comer a merenda terrorífica
que prepararon as familias.
Coas forzas recuperadas, continuaron os xogos: guante,
guante; carreiras de vasoiras; xogando
ao escondite... Pasámolo tan ben e enredamos tanto, que nos faltou tempo
para ler os contos de medos e realizar outras actividades que tiñamos preparadas.
Continuaremos o martes á volta desta longa fin de semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario