Este ano o inicio das clases vai vir marcado polas
recomendacións sanitarias e será moi diferente ao dos anos anteriores. Dende a
escola estamos traballando para cumprir cos protocolos que acaban de publicarse
e ter todo listo dende o primeiro momento nun entorno seguro. Nos vindeiros días
poñerémonos en contacto con todas as familias por teléfono ou correo
electrónico para informarvos do que está a acontecer e aclarar dúbidas. Polo
pronto lamentamos comunicarvos que a reunión fixada para o vindeiro 10 de
setembro non poderá realizarse. As instrucións publicadas pola Consellería
establecen un comezo gradual como
recolle a seguinte resolución: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_incorporacion_gradual.pdf.
Na nosa escola isto tradúcese en que o xoves día 10
soamente se incorporaran o nenos de 5º de infantil (4 anos). Os nenos de 6º de
infantil (5 anos) comezarán o venres día 11. Os novos alumnos de 4º infantil (3
anos) virán seguindo o seguinte calendario:
No hay comentarios:
Publicar un comentario