Fai unhas semanas Marcos
fíxonos chegar esta foto na que nos mostraba que el tamén quedaba na casa
aprendendo cousiñas co ordenador. Como sei que a todos vos gusta traballar nel,
mentres non chegan correos coa solución a nosa ave misteriosa desta semana, neste enlace tedes un xogo de parellas con aves coma protagonistas. Outra proposta
é un de memoria que podedes descargar e imprimir facendo clic aquí.
E por último, que tal se nos unimos ao reto que propón a mestra Marta na súa
entrada un mes de refráns debuxados? Hoxe trataba de refráns que fixeran referencia á andoriña.
Animádevos a participar enviándonos e debuxando todos eses refráns nos que é tan
rica a nosa lingua, unha boa oportunidade para ensinarllos aos nosos fillos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario