Esta fin de semana Lía mandounos as fotos dun precioso descubrimento. Cóntanos
que fai uns días a avoa de Portonovo fíxolles chegar unha foto dun niño que atopou
nunha parra. Agora que xa puideron ir alá, foron mirar qué tal estaban os ovos con
moito coidado de non tocar e levaron unha sorpresa pois xa naceran os
paxariños. Estiveron observando agochados e comprobaron que tratábase dun verderolo. Podemos axudar a
buscar nomes para eses pitiños, podedes mandarnos un correo coas propostas e a
ver que decide Lía. E aquí vai o seguinte reto: Cantos paxariños son? Cantos nomes
necesita?
No hay comentarios:
Publicar un comentario