lunes, 4 de mayo de 2020

AVE MISTERIOSA

Hoxe comezamos unha nova sesión na que vos propoñemos un xogo de identificación de aves en relación coa entrada aves desde casa. Trátase de adiviñar o nome dunha baseándonos nunha serie de pistas que vos imos dar como propón  nesta web pero adaptada ás idades dos nosos nenos. Para comezar imos empregar unha foto que nos enviou Roi dunha que viu na súa casa. O seu nome empeza por P e é recoñecible pola mancha branca do pescozo. Se necesitades máis pistas facer clic aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario