Primeiro
a emoción de montarse no autobús, despois o traxecto a pé pola cidade, e por
último a impresión de entrar e acomodarnos no auditorio. Pero o mellor estaba
por chegar: a actuación de Baobab teatro na representación de “O lobo e a lúa".
Tras recuperar
forzas coa merenda e xogar un pouco, tocoulle quenda á segunda parte da nosa
excursión: a visita ao Café Moderno. Alí faláronnos de arquitectura, das
peculiaridades e historia do edificio, ensináronnos os cadros de Laxeiro e ata
converteron aos meniños en arquitectos por un día e deseñaron a súa propia
habitación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario