Esta semana
visitáronnos uns peluxes moi especiais que teñen como obxectivo fomentar o consumo
de froita entre os meniños. Trátase dos comefroitas. Estarán connosco ata finais de curso e trouxeron un álbum para
cubrir con selos cada día que comamos froita. Tamén queren animar aos nenos a incluir variade polo que, quen tome más de catro diferentes ao mes, coneguirá un selo de coroa e será nomeado rei ou raína da froita. Paseniño iremos vendo as moitas
propiedades que teñen estes alimentos e o importante que é consumilos a diario para a nosa
saúde.Hoxe os
cativos levaron para casa as normas de funcionamento e as froitas de tempada do
mes de xaneiro. Se consumimos a froita dentro do seu ciclo natural, gozaremos
dun mellor sabor e das súas vantaxes ecolóxicas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario