Este ano
o Apalpador deixounos na escola unha chea de cousiñas de madeira para
compartir: quebracabezas, xogos de encaixes, un camión de bombeiros, outro de
policías, unha ambulancia, bonecos, trens … Os regalos estaban agochados e non
os atopamos ata despois do recreo. Os meniños tiveron pouco tempo para enredar
con eles pero seguro que nos vindeiros días recuperarán o tempo perdido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario