A semana
pasada, mentres comentábamos as novas dos xornais que tíñamos na escola, Lía
falounos dunha noticia que vira na televisión sobre unha cidade chea de fume. Ese
foi o detonante para buscar en internet os incendios de Australia. Deste xeito descubrimos
como os periódicos tamén teñen unha edición dixital e quedamos
abraiados co emotivo rescate dun Koala entre as lapas. Despois buscamos información na biblioteca sobre
estes animaliños, vimos vídeos e cheiramos as follas de eucalipto que adoitan
comer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario